
Actualización do software do dispositivo mediante o dispositivo
Desexa mellorar o rendemento do seu dispositivo e obter actualizacións de aplicacións
e interesantes novas funcións? Actualice o software periodicamente para obter o
máximo rendemento do seu dispositivo. Tamén pode axustar o seu dispositivo para que
comprobe se hai actualizacións automaticamente.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera
para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o
dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
16 Xestión do dispositivo

1 Seleccione
Teléfono
>
Actualizac. tel.
.
2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha actualización
dispoñible, seleccione
Detl. soft. actual
.
3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione
Descarg. soft.
tel.
. Siga as instrucións que aparecen na pantalla.
4 Se se cancelou a actualización despois da descarga, seleccione
Inst. actual. soft.
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor de servizos.
Comprobación automática de actualizacións de software
Seleccione
Actual. aut. soft.
e defina a frecuencia coa que desexa que se comprobe se
hai actualizacións de software novas.
O seu fornecedor de servizos pode enviar actualizacións de software do dispositivo
directamente a este mediante conexión polo aire. Para obter máis información verbo
deste servizo de rede, contacte co seu fornecedor de servizos.