
Copiar música do seu ordenador
Ten música no seu ordenador que desexa escoitar no seu dispositivo? Utilice Nokia Ovi
Player e un cable de datos USB para xestionar e sincronizar a súa colección de música.
1 Utilice un cable de datos USB compatible para conectar o dispositivo ao ordenador.
Asegúrese de que está inserida unha tarxeta de memoria compatible no seu
dispositivo.
2 Seleccione
Transf. multim.
como modo de conexión.
3 No seu ordenador, abra Nokia Ovi Player. Para obter máis información, consulte a
axuda de Nokia Ovi Player.
Algúns ficheiros de música poden estar protexidos por xestión de dereitos dixitais (DRM)
e non se poden reproducir en máis dun dispositivo.