Cargar a batería a través de USB
Ten pouca batería pero non ten o cargador con vostede? Pode utilizar un cable USB
compatible para conectalo a un dispositivo compatible, como un ordenador.
Para evitar romper o conectador do cargador, teña coidado ao conectar ou desconectar
o cable do cargador.
8
Introdución
A carga a través de USB pode tardar máis tempo en comezar e pode que non funcione
se se conecta mediante un concentrador USB sen alimentación eléctrica. O seu
dispositivo cargarase máis rápido se se conecta a unha toma de corrente.
Se está conectado a un ordenador, pode sincronizar o seu dispositivo mentres se carga.