
Copiar unha imaxe ou outro contido entre o seu dispositivo e un ordenador
Pode utilizar un cable de datos USB para copiar imaxes e outros contidos entre o seu
dispositivo e un ordenador compatible.
1 Utilice un cable USB compatible para conectar o dispositivo a un ordenador.
2 Seleccione entre as seguintes opcións:
Nokia Ovi Suite — Utilice este modo se o seu ordenador ten Nokia Ovi Suite
instalado.
Transf. multim. — Utilice este modo se o seu ordenador non ten Nokia Ovi Suite
instalado. Se desexa conectar o seu dispositivo a un sistema de lecer doméstico ou
a impresoras, utilice este modo.
Almac. masiva — Utilice este modo se o seu ordenador non ten Nokia Ovi Suite
instalado. Este dispositivo amósase como un dispositivo extraíble no seu
ordenador. Se desexa conectar o seu dispositivo a outros dispositivos, como a
equipos estéreo domésticos ou de automóbil, utilice este modo.
3 Utilice o xestor de ficheiros do ordenador para copiar o contido.