
Enviar unha imaxe ou outro contido a outro dispositivo
Utilice o Bluetooth para enviar tarxetas de visitas, entradas de calendario, imaxes,
vídeos e outros contidos creados por vostede ao seu ordenador, así como aos
dispositivos compatibles dos seus amigos.
1 Seleccione o elemento que desexa enviar.
2 Seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
.
3 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse. Se non se amosa o dispositivo
desexado, seleccione
Nova busca
para buscalo. Amosaranse os dispositivos que se
atopan dentro do seu alcance.
4 Se o outro dispositivo precisa un código, insírao. O código, que pode definir vostede,
debe inserirse nos dous dispositivos. O código nalgúns dispositivos é fixo. Para obter
máis información, consulte a guía do usuario do dispositivo.
O código é válido só para a conexión actual.